FAGAL

FAGAL

Novas

13.02.10 AFALU xestionará o centro de Alzheimer

Segundo o previsto, o colectivo farase cargo do servizo a partir
de marzo.

12.02.10 FAGAL reuniuse co Presidente da Xunta de Galicia e a Conselleria de Traballo e Benestar

FAGAL reuniuse este venres 12 de febreiro no Hotel Puerta del Camino, co Presidente de la Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijoo, a Conselleira de Traballo e Benestar, Dona Beatriz Mato, e outras autoridades do departamento de Benestar.

FAGAL aproveitou esta ocasión para analizar o estado da atención a enfermos de Alzheimer e ós seus familiares. Pola súa banda, as autoridades da Xunta explicaron os sus planos para o 2010 en materia de dependencia e Alzheimer.

Adxúntase o dossier entregado por FAGAL ás autoridades de Benestar e fotos da reunión.

Enlaces TVG

11.02.10 AFACHAN Organiza para o 27 de marzo un obradoiro de musicoterapia

O vindeiro día 27 de marzo, levaremos a cabo un taller de musicoterapia, impartido por Mita Adrian Beutel Cobos, especialista en musicoterapia e expresión corporal, a cal leva oito anos traballando no Centro de Xubilados de Caixa Galicia en Coruña.

10.02.10 Terapia con cans para motivar aos enfermos

O Centro de Referencia Estatal (CRE) de atención a persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias ubicado en Salamanca traballa dende fai varios días nunha experiencia piloto na que os pacientes interactúan con varios cans que os axudan a traballar en aspectos sensoriais, motricidade, marcha ou memoria a curto e medio prazo.

07.02.10 A Rede Galega de Centros de Día de Alzheimer contará con once residencias

A rede estará composta por centros de día e por unidades de Alzheimer, instalacións especializadas dentro de centros de atención a maiores.

07.02.10 O PP di que o Bipartito engañou aos concellos coas residencias

Indica que as obras comprometidas necesitarían 15 anos para entrar en funcionamiento

06.02.10 Un test detecta o alzheimer nas súas primeiras fases

O doutor en Neurociencia Antonio García Linares asegurou ter dentificado unha serie de indicadores

06.02.10 A asociación Afaor cumpre quince anos con un incremento de usuarios do 30% con respecto ao 2009

Na actualidade, son máis dun centenar as familias que, semanalmente, acuden á prestación dos seus servizos.

IV CONGRESO NACIONAL DE ALZHEIMER

CEAFA, SEGG y SEN volveron a unir os seus folgos para organizar o IV Congreso Nacional de Alzheimer, un punto de encontro de todos cantos están vinculados directa e indirectamente coa enfermidade de Alzheimer.

Do 21 ao 23 de outubro de 2010 familiares de persoas coa enfermidade de Alzheimer, profesionais sanitarios e traballadores do movemiento asociativo dirixirán os seus pasos ata Sevilla para compartir non só un intenso programa de traballo, senon tamén o compromiso de combatir a enfermidade e de contribuir a mellorar a calidade de vida de quen a padecen.

O Porto oferta un terreo a Afasal para que constrúa o seu centro de día

A parcela que pon a disposición a Autoridade Portuaria se situaría fronte ao parque de O Castriño
A asociación de familiares de enfermos de alzhéimer busca agora financiación para levantar o edificio

©2010 FAGAL
Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias
Rosalía de Castro, 29-31. Galerías Belén Local 107
Santiago de Compostela (A Coruña)
902 105 951

Desarrollo web Coingal Sistemas de Información