FAGAL

FAGAL

24.02.10 AFAGA organiza un curso intervención multidisciplinar en enfermos de Alzheimer e Outras Demencias

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) temos dentro dos nosos principais obxectivos de AFAGA a Información, Formación e Educación dos profesionais da Saúde involucrados no proceso da enfermidade sobre todo, médicos de Atención Primaria,persoal de enfermería, persoal de institucións para anciáns,…

Para cumprir con estes obxectivos, AFAGA organiza reunións de información, charlas informativas, xornadas para profesionais, cursos de formación, obradoiros,…
O Curso de Intervención Multidisciplinar en Enfermos e Enfermas de Alzheimer enmárcase dentro da formación a profesionais que desenvolvemos dende fai 7 anos.

Preténdese que os e as participantes adquiran formación específica e especializada sobre a abordaxe multidisciplinar da enfermidade de Alzheimer e outras demencias para cubrir e dar resposta á crecente demanda social de dispor de profesionais debidamente capacitados que interveñan nos distintos procesos da enfermidade, na súa atención e nas súas consecuencias.

Dende a Lei de Autonomía Persoal e Protección da Dependencia, analízanse os aspectos da intervención, así como os condicionamentos tanto psicolóxicos e conductuais, terapéuticos e os aspectos éticos e xurídicos na atención a persoas con demencia e as súas familias.

AdxuntoTamaño
CartelA4.pdf281.54 KB
triptico curso intervencion multidisciplinar.pdf48.7 KB
curso_Intervención_Multidisciplinar_alzheimer.pdf397.48 KB
©2010 FAGAL
Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias
Rosalía de Castro, 29-31. Galerías Belén Local 107
Santiago de Compostela (A Coruña)
902 105 951

Desarrollo web Coingal Sistemas de Información