PROGRAMA “ACTIVA-T”: OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN EN CENTROS CÍVICOS “Activa-T” é un proxecto piloto dirixido a persoas cun deterioro cognitivo leve ou afectadas pola enfermidade de Alzheimer, nun estadío inicial. Nace co obxectivo de cubrir o vacío asistencial, que existe en torno á intervención con esta tipoloxía de usuarios, que se atopan nunha fase demasiado inicial, como para incorporarse satisfactoriamente a un Centro de Día e moi avanzada, para seguir o ritmo dos Obradoiros de Memoria, dirixidos ás persoas nun envellecemento normal. O programa, desenvolvido en colaboración co Concello de A Coruña, comezará implementándose, nun primer período, de xaneiro a xuño de 2010, no Centro Cívico de Monelos.
A fin do mesmo, realizarase unha validación da eficacia deste programa piloto.
